Un labrego de Eiras (San Amaro) embarca para Cuba con quince anos. Xa vello, rememora na Habana a potencia campesiña da bocarribeira de Razamonde nos comezos do século xx: riquísima en viño e carne, libérrima no fornicio pero implacábel na lei tribal do casamento; festeira e bailadora pero violenta, con código de pólvora e machado, polas estremas e contra os mozos pretendentes das aldeas veciñas.
Entrampado polos ganchos (os axentes das navieiras que vendían billetes para América a comisión), o protagonista foxe de polisón nun vapor para vivir un susto cada hora, coma os perseguidos de Barrigaverde. Xa na beira da costa cubana, o rapaz rompe a chorar cando o sorprende un cociñeiro: «A fin de contas –recorda– era un cativo: só tiña quince anos». O pícaro supera a Huckleberry Finn na súa inventiva para sobrevivir na travesía e na Cuba que resiste xa no primeiro cuarto do século xx a inxerencia norteamericana. Reparte carbón, aprende a conducir un Ford T, faise cociñeiro experto, poceiro, tractorista na zafra e mecánico dun ingenio até que a Revolución lle asegura un merecido retiro.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...