Nesta monografía recóllense os distintos relatorios presentados no Coloquio «Pasado e presente do fenómeno migratorio en Galicia», organizado pola Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da Universidade de Santiago de Compostela e celebrado os días 17 e 18 de novembro de 2005.
O citado coloquio, cuarto dos realizados até o momento da publicación deste volume, constitúe unha máis das actividades realizadas pola cátedra Unesco 226. Os tres anteriores abordaron diferentes cuestións migratorias nos ámbitos da Europa Latina, da Península Ibérica e do conxunto de España. No presente caso centrouse monograficamente en Galicia, dado que a emigración constitúe un dos trazos máis destacados do seu sistema demográfico, desde, polo menos, os comezos da Idade Moderna, aínda que sexa na etapa contemporánea cando o volume de poboación afectada foi maior e máis perceptibles as súas numerosas implicacións sociais e económicas.
O obxectivo principal deste volume é reflexionar sobre un tema tan importante na Historia de Galicia como é a emigración desde distintas ópticas para conseguir unha visión pluridisciplinar que aborde aspectos culturais, demográficos, sociais e económicos dalgúns dos fluxos migratorios nos que participou a poboación galega.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...