Galeg@s da Habana conta a historia daqueles fillos e fillas de Galicia que viviron moito tempo, ou ficaron para sempre, na capital cubana asolagados na saudade. Moitos deixaron a súa pegada na sociedade habaneira durante a máis numerosa emigración cara a América desde a Galicia do século xx.
Na alborada desta memoria aínda viven as luces de Fontenla Leal, Ramón Cabanillas, Curros, Castelao, Neira Vilas e outros intelectuais que viviron na Habana durante os séculos xix e xx.
Resulta imposible borrar as pegadas galegas da historiografía de Cuba. Galegos loitaron a carón dos cubanos na guerra de independencia. Participaron no asalto ao cuartel Moncada, onde algúns morreron. Outros caeron na Serra Maestra durante a última guerra librada na illa… é o legado histórico desta estirpe de revolucionarios.
Galeg@s da Habana tenta ser un retrato do espírito galego-habaneiro a través do difícil e longo proceso da adaptación do emigrado en terra cubana, un retrato da férrea vontade para enfrontar o afastamento de Galicia, onde deixou familia, amigos e as lembranzas da infancia que sempre abrollan moi nítidas durante o tránsito pola lonxevidade.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...