Os protagonistas desta novela coral tentan dar respostas ás contradicións e teimas da nova xeración de mozos e mozas do século XXI. que andan na busca do seu lugar no mundo, outorgando un sentido ao deambular desatinado dos seus protagonistas, unha pintora disposta a ser vista por quen non mira nun remuíño de emocións coas que tenta comprender o mundo,un escritor que precisa atención exclusiva para existir, unha directora de videoclips que logra ser o centro das miradas e un rapaz anónimo que necesita o amor baixo a forma de tacto. Olladas fálanos da súa relación individual e colectiva co mundo, dos procesos de interioridade e exterioridade revelados simultaneamente, das lecturas que os foron conformando, dos amigos, da memoria dos avós e do que queda daquela forma de tenrura, da solidariedade con outros conflitos e outras realidades, das viaxes como espazos de permanente descubrimento, da era da comunicación, das casualidades, da obstinación como actitude vital, temáticas coas que Adelaida Vidal vén explicar o que queda á fin como pouso da vida, ese misterio que adopta o nome Inmensidade en forma de lenzo. Escrita con pulso narrativo firme, a novela aposta por unha linguaxe innovadora e sensitiva coa que dá conta da fragmentaria percepción dunha realidade sempre fuxidía.
PREMIO RISCO DE CREACIóN LITERARIA 2011.
{title} {text}
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...