Manhattan Transfer

Email
Nova York de fondo, vidas cruzadas nunha cidade hostil, hipócrita e traizoeira, baixo a mirada atenta da Estatua da Liberdade.
Manhatan Transfer galego

Prezo
7,00 €
Prezo / kg:
Descrición

O soño americano dunha multitude de personaxes mergullados na corrupción e miseria dunha metrópole deshumanizada que os asfixia ata a desesperación e o suicidio. Amor e paixón, vida e morte cunha ventá aberta á esperanza. A cidade de Nova York retratada por John Dos Passos está marcada polo materialismo e pola sede de éxito e poder dos seus habitantes. O afán de superación e a loita constante por sobrevivir dos protagonistas da novela activan a complicidade do lector, que se sente dende as primeiras páxinas partícipe das súas vidas e atrapado polos seus destinos. Jimmy Herf, Ellen Thatcher, Fifí Waters, Congo, Joe Harland e outros moitos conforman un mosaico de vidas que teñen en común a cidade que os acolle.

bio autor

{title} {text}

Autor/a:
John dos Passos
ISBN:
84-7824-469-7
Páxinas :
492

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...