O neno pastor que venceu o lobo

Email
Quintela pertence á parroquia de Mazaira, concello do Castro de Caldelas. Esta obra tenta transmitir o testemuño dun mundo que desa­parece, así como tamén de facer unha reflexión sobre a dirección que tomou este tren de alta velocidade cara a unha globalización que nos obriga a perder a nosa identidade.

Prezo
20,00 €
Prezo / kg:
Descrición

LEMBRANZAS DUN GALEGO EMIGRADO EN CATALUÑA.

Olegario Sotelo Blanco fai unha revisión das súas vivencias a través dun texto ameno e ateigado de momentos de interese para o público lector. A figura singular de Sotelo Blanco é sen dúbida un referente histórico, pois se trata dun dos máis importantes editores independentes en lingua galega que xorde tras a ditadura.

O autor dimensiona as anécdotas e os eventos de carácter persoal inseríndoos nas diferentes épocas que lle tocou vivir e nos lugares polos que transitou, resultando así unha lectura dinámica e entretida, ademais de mostrarnos con honestidade a súa dimensión humana.

A fortuna quixo que este neno pastor nado en Quintela de Mazaira, Ourense, emigrase a Cataluña durante a primeira etapa do desarrollismo franquista. Alí coñeceu unha sociedade na que viu reflectidos os desafíos da súa amada Galicia en canto nación política e cultural.

A prologuista deste libro expresa con sagacidade o carácter que define o autor: «Devece pola súa terra e sempre lle pesou dalgún xeito a súa condición de ausente. Creo que a súa visión da emigración e a súa experiencia existencial como emigrante fraguaron nel unha personalidade controvertida que non sempre é ben comprendida na propia Galicia.»

Este libro abre unha xanela ás facetas máis íntimas de Olegario Sotelo Blanco a través das que podemos comprender mellor o talle real deste labrego editor.

Autor/a:
Olegario Sotelo Blanco
ISBN:
978-84-7824-657-1
Páxinas :
294
Encadernación:
Rústica con lapelas

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...