Para escribir correctamente non abonda con falar sen erros: cómpre tamén dominar unhas regras, moitas veces arbitrarias, que non son doadas de memorizar. Esta obra pretende que as persoas que deban redactar textos solucionen as dúbidas, teóricas e prácticas, que lle poidan aparecer sobre grafías, signos de puntuación, uso de maiúsculas… Ademais, a realización dos exercicios que se propoñen e a posterior consulta axudarán á interiorización das regras ortográficas.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...