Este libro é unha guía gastronómica pensada para aprender a recoñecer os produtos xenuinamente galegos e os diferentes xeitos de convertilos en pratos propios da cociña popular galega. Xavier Costa Clavell introdúcenos na gastronomía galega desde a súa peculiar forma de entender a arte de comer e nos transmite a súa ampla e erudita experiencia nas múltiples facetas do gourmet.
As descricións minuciosas das especies máis representativas que compoñen a nosa extensa gastronomía e as magníficas fotografías de Xurxo Lobato axúdannos a ter unha idea precisa das razóns para inclinarse por un menú ou outro sen medo a se trabucar.
Esta guía recolle ademais unha gran cantidade de receitas que o autor foi escolmando ao longo do moito tempo que lle dedicou á súa paixón pola boa táboa. Inclúe tamén o recetario que Xavier Costa herdou da súa avoa e no que atoparán fermosos exemplos de como a imaxinación na cociña é tan importante como o poder adquisitivo.
Non podía faltar unha selección dos mellores restaurantes de cociña galega espallados polo territorio español e dos que o autor ofrece unha referencia persoal.
Fotos de Xurxo Lobato.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...