Alexandra Kollontai (1872-1952) foi unha muller socialista, revolucionaria feminista. Participou activamente na Revolución rusa, desempeñou o cargo de Comisaria do Pobo para a Asistencia Pública no Goberno e foi a primeira muller embaixadora da historia. As súas contribucións ao socialismo e á igualdade da muller marcaron decididamente a súa vida. En 1905 foi testemuña da matanza dos obreiros na manifestación fronte ao Palacio de Inverno. A Revolución rusa trouxo consigo a igualdade política, económica e sexual entre homes e mulleres. Traballou activamente escribindo artigos sociais e políticos e organizando as mulleres traballadoras rusas. Así acadaron o pleno dereito ao voto e igualaron os dereitos laborais da muller e do home.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...