Douscentos doce anos despois de que se editase en Inglaterra A Vindication of the Rights of Woman (1792) dáse ó prelo unha edición galega do que segue a ser o texto fundador do feminismo moderno. Este ensaio, que se considera un dos piares fundamentais da loita contra o patriarcado e os seus representantes intelectuais máis inmediatos, ofrece un modelo de visión do mundo que as británicas e as europeas non tiñan a finais do século XVIII e do que a sociedade no seu conxunto aínda carece hoxe. A súa autora Mary Wollstonecraft (1759-1797) é unha das grandes e descoñecidas seguidoras do espírito da Ilustración e das ansias de liberdade xurdidas co gallo da Revolución Francesa que non chegaron a vivir as melloras deste cambio.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...