Neste volume recóllense a maior parte dos relatorios presentados no curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo titulado As migracións nas sociedades contemporáneas. Os desafíos na Galicia actual, que tivo lugar na vila de Caldas de Reis en xullo de 2007. Estruturamos os contidos en varias sesións para fornecer un estado das investigacións sobre a emigración galega, a participación feminina nos movementos migratorios e a pegada deles no mundo actual, tan globalizado en termos económicos e de mobilidade de man de obra como socialmente inxusto no que atinxe ás desiguais oportunidades que teñen as persoas para acceder a empregos, formación e condicións de vida digna en función desa lotería macabra que é o lugar xeográfico, o grupo social e a familia na que lles tocou nacer.
As persoas participantes (profesorado de ensino primario e secundario, estudantes universitarios, traballadores sociais e outros) achegáronse a esa perspectiva xeral e comparada das investigacións recentes sobre as migracións contemporáneas e, sobre todo, das súas implicacións na sociedade galega actual.
É tamén unha magnífica oportunidade para demostrarlle ao mundo globalizado que a nosa é unha terra de acollida aberta o mesmo que o foi de partida para milleiros de galegos que fixeron as Américas polo mundo nos últimos douscentos anos.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...