Transición

Email
A acción desta trepidante historia comeza en outubro de 1988 coa estrea en Madrid do filme de Scorsese, 'A derradeira tentación de Cristo'. A novela percorre diferentes momentos da posguerra para desenvolverse nos tempos que a propaganda proclamou como «transición modélica» e rematar nun sorprendente epílogo actual.
Descrición

Cun estilo narrativo que renega de calquera sentimentalismo efectista, o autor introdúcenos nunha investigación periodística sobre uns crimes arrepiantes que destapará numerosos sucesos nos que a infamia agocha unha espiral de vinganza que alcanza o seu cénit baixo o paraugas da censura férrea dos derradeiros estertores do réxime nacional-católico. Un marco totalitario que exercía un control omnipresente, case nunca sutil, para constrinxir unha sociedade que xa devecía por respirar renovados aires democráticos.
Que todo mude para que nada cambie… Unha e outra vez, a nosa historia xira ao redor da sentenza lampedusiana. Esta obra manifesta sen ambigüidades o compromiso irrenunciable de facer unha emenda á totalidade dese, disque exemplar, modelo político transitorio que nos trouxo ata onde estamos hoxe a través dunha parábola sobre o periodismo que sofre neste país a mordaza, non sempre ben paga, de forzas fabulosamente poderosas aínda en tempos de liberdade.
Adubada con atmosferas por veces góticas apigaradas por breves destellos de humanidade viva e vigorosa, ademais dun humor finamente retranqueiro, Transición é unha potente novela que eleva unha vez máis o xénero negro galego á categoría de universal.

 


{title} {text}

Autor/a:
Pablo Fernández Barba
ISBN:
978-84-7824-654-0
Páxinas :
242

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...