O país das andaviras é un soño de sabores. O arrecendo de todas as flores. O ronsel dun bergantín. O que cabe no teu e no meu maxín. Un chapeu en cada flor de romeu. Un beixo en cada seixo. Un son harmonioso semellante ao país noso. E mil unha andaviras de cores pintando a terra de rumores.
Preciosas poesías de Xoán Babarro sobre paxaros e outros seres voadores da nosa fauna acompañadas de coloridas ilustracións de Viki Verre. Un luxo visual para as crianzas.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...