A verdade nos espellos

Email
Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. A variedade temática é extensa nestes
vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán.

Prezo
20,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Na tradición literaria, os espellos sempre foron obxectos que redimensionan a realidade dun xeito que ningún outro recurso é quen de conseguir. Se Carroll nos descubriu un mundo «marabilloso» detrás dun, Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. Por exemplo, o da morte que revive nunha fantasmagoría nesa especie de inframundo lovecraftiano que tanto nos apaixona nestas latitudes; tamén o do uso, ou máis ben o abuso, do poder e da forza nas relacións humanas que se plasma na fraxilidade da vida que o autor tracexa con mestría na alegoría das almas en pena, que nin viven nin morren e que legan a certeza maciza e densa da incerteza vital; e tamén o humor, sempre acedo, que fai caricatura dos personaxes dos que queremos, mesmo precisamos, rir nalgún momento, porque na vida real apenas si poderiamos saudalos… A variedade temática é extensa nestes vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán.

Este libro de relatos é un exemplo excepcional da tradición contista galega, pois ofrece unha variedade argumental e unha calidade estilística que sen dúbida ningunha mereceron o Premio Risco de Creación Literaria de 2015. Salienta a construción dos ritmos discursivos, que transmite con moita efectividade os ambientes e atmosferas para desenlazalos sempre de xeito sorprendente, así como unha riqueza léxica que lle achega á obra un universo narrativo propio.


{title} {text}

Autor/a:
Pablo Rubén Eyré
ISBN:
978-84-7824-648-9
Páxinas :
214

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...