Mr. Vertigo

Email
O protagonista de Mr. Vertigo é Walter Claireborne Rawley, un pillabán orfo de pai e nai que ten nove anos ó comezo da novela. Walt vagabundea e anda á esmola ata que un vello xudeu e sabio, o mestre Yehudi, o atopa nunha rúa de Saint Louis, Missouri, no ano 1927.
Mr. Vertigo Galego

Prezo
5,00 €
Prezo / kg:
Descrición

O mestre promételle que lle vai ensinar a voar, e que se non o conseguise, Walt terá o dereito de decapitalo cunha machada. A forza do narrado nesta novela, nun escenario marcado primeiro polo ambiente da depresión e a Lei Seca e despois polo aborrecemento posterior á Segunda Guerra Mundial, arrastra o lector introducíndoo nunha narración fascinante e fascinadora que así e todo deixa sitio para a reflexión e dosifica o ritmo, empregando o suspense para dar pulo á lectura e non unicamente como o simple obxectivo dunha narrativa que, coma as fábulas antigas, garda un segredo, un consello que pode axudar a vivir.

Autor/a:
Paul Auster
ISBN:
978-84-7824-285-6
Páxinas :
264

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...