Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.
 
Olegario percorre neste libro a súa vida e, espertando a memoria, regresa á aldea onde naceu e viviu como pastor nas terras altas de Caldelas, na serra de Mazaira para logo emigrar con dezaseis anos a Barcelona. Fala dos seus difíciles inicios como emigrante entre as ondadas dos que chegaron a principios dos anos 60 a Cataluña, e aínda dos diferentes proxectos empresariais que emprendeu, do seu incesante activismo a prol da cultura galega, da fundación da editorial Sotelo Blanco Edicións, no ano 1980, e até os días de hoxe. Sotelo Blanco Edicións, foi das primeiras editoriais independentes que se fundou en Galicia coa chegada da democracia. Ao longo de máis de corenta anos deu a coñecer a numerosos autores noveis e recuperou moitos clásicos, publicando centos de títulos de narrativa, poesía, teatro, así como tamén libros de texto. A querenza do editor foi, dende o primeiro momento, contribuír á difusión da literatura e da cultura galegas acollendo a maior pluralidade de voces e a procura da calidade literaria. Olegario Sotelo Blanco esparruña nas súas lembranzas e por este libro discorren vidas e persoas que protagonizaron os ambientes culturais e políticos da Galiza e tamén da Cataluña das últimas seis décadas.
 
Actos de presentación:
— Sábado 12 de agosto, ás 18:30h, no antigo Hostal Blanco de Castro Caldelas. O antropólogo Manuel Mandianes presentará o libro en compaña do autor.
 

 

 

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...