CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN

A continuación pode ler o documento contractual que rexerá a contratación de produtos a través deo sitio www.soteloblanco.com, propiedade da Fundación Sotelo Blanco (en diante o prestador). A aceptación do presente documento supón que o usuario:

  1. Leu, entendeu e comprendeu este documento.
  2. Que é unha persona con capacidade abonda para contratar.
  3. Que asume todas as obrigas aquí dispostas.

As presentes condicións terán un período de validez indefinido e serán aplicables a todas as contratacións realizadas a través do sitio www.soteloblanco.com, propiedade do prestador.

O prestador resérvase o dereito de modificar unilateralmente estas condicións, sen que isto poida afectar os bens ou promocións adquiridos antes da modificación. 


Identidade das partes

Por unha parte, o provedor dos bens contratados polo usuario e a Fundación Sotelo Blanco, con domicilio social en San Marcos 77, 15820 Santiago de Compostela, Galicia (España), CIF G, e con teléfono de atención ao cliente número 981 582 571, e, da outra, o usuario, rexistrado no sitio web mediante un nome de usuario e mais un contrasinal privado, sobre os que ten responsabilidade plena de uso e custodia, sendo responsable da veracidade dos datos personais facilitados ao prestador.


OBXECTO DO CONTRATO

O presente contrato ten por obxecto regular a relación contractual de compravenda xerada entre o prestador e o usuario no momento en que este acepta durante o proceso de contratación en liña na casa correspondente.

A relación contractual de compravenda leva a entrega, a cambio dun prezo determinado e publicamente exposto a través do sitio web, dun produto ou servizo concreto.


PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN

O procedemento de contratación unicamente poderá ser realizado en galego. No caso de que se puidese levar a cabo noutro idioma, será indicado antes de iniciar o procedemento de contratación.

O usuario, para poder acceder aos servizos ofrecidos polo prestador, deberá darse de alta a través do sitio web mediante a creación dunha conta de usuario. Para iso, o usuario deberá proporcionar de maneira libre e voluntaria os datos persoais que se lle requirirán.

O usuario seleccionará un nome de usuario e un contrasinal, comprometéndose a facer uso dilixente dos mesmos, e non poñelos a disposición de terceiros, así como a comunicar ao prestador a perda ou roubo dos mesmos ou do posible acceso por un terceiro non autorizado, de tal forma que este proceda ao bloqueo inmediato.

O usuario non poderá elixir como nome de usuario palabras que teñan como fin confundir a outros por identificar a este coma membro integrante do prestador, así como expresións malsonantes, inxuriosas e en xeral, contrarias á lei ou ás esixencias da moral e bos costumes.

Unha vez foi creada a conta de usuario, infórmase que, de conformidade co esixido polo art. 27 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, o procedemento de contratación seguirá os seguintes pasos:

–Acceso á tenda en liña da Fundación Sotelo Blanco.

  • Elección do artigo ou artigos e incorporación ao proceso de encarga.
  • Cumprimentación-rexistro do formulario datos do comprador e domicilio de entrega.
  • Elección forma de entrega.
  • Elección forma de pagamento.
  • Confirmación Compra e aceptación de condicións
  • En todo caso, a plataforma de contratación do prestador informará o usuario, unha vez finalizado o procedemento de contratación, vía correo electrónico, sobre todas as características, prezo, formas de transporte, data de contratación e estimación de entrega do produto ou servizo contratado.


ENTREGA DAS ENCARGAS

A entrega das encargas realizarase no domicilio de entrega designado libremente polo usuario. De tal forma, o prestador non asume responsabilidade algunha se a entrega do produto ou servizo non se chega a realizarse como consecuencia de que os datos facilitados polo usuario sexan falsos, inexactos ou incompletos, ou cando a entrega non poida efectuarse por causas alleas á empresa de envíos, asignada para tal efecto, como o é a ausencia do destinatario.

Sen prexuízo do anterior, o prestador deberá adoptar as medidas esixidas a un comerciante dilixente para que a entrega poida efectuarse no tempo acordado, e de non ser así, canto antes, a satisfacción do remitente como do destinatario, polo que non poderá imputarse responsabilidade algunha en contra do prestador.

No caso de que a contratación non leve a entrega física de ningún tipo de produto e que sexan directamente descargadas do sitio web, o prestador informará previamente ao usuario respecto ao procedemento que debe seguir para realizar a descarga.

O prestador comprométese a que estes ficheiros estean libres de virus ou calquera outro contido maligno que poida afectar o bo funcionamento do equipo no que se instale. Así mesmo, o prestador non se fai responsable dos usos distintos aos que poidan aplicarse estes ficheiros ou á falta dos requisitos mínimos de sistema que se establezan.


PREZO E PRAZO DE VALIDEZ DA OFERTA

Os prezos que se indican respecto de cada produto inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou outros impostos que puidesen ser aplicables e en todo caso expresaranse na moeda Euro (€). Estes gastos, salvo que se indique expresamente o contrario, non inclúen os gastos de envío, manipulación, envoltorio, seguro de envíos ou calquera outros servizos adicionais e anexos ao produto ou servizo adquirido.

Os prezos aplicables a cada produto serán os publicados no sitio web e aplicados de forma automática polo proceso de contratación na última fase do mesmo. O cliente asume que, en todo caso, a valoración económica dalgúns dos produtos poderá variar en tempo real. En todo caso, isto se lle comunicará previamente ao usuario.

Todo pago realizado ao prestador levará a emisión dunha factura a nome do usuario rexistrado. Esta factura remitirase automaticamente á dirección de correo electrónico proporcionada polo usuario.

Para calquera información sobre o pedido, o usuario contará co teléfono de atención a clientes do prestador que é 981 582 571 ou vía correo electrónico á dirección de e-mail administracion(arrroba)soteloblanco(punto)com. En todo caso deberá indicarse no asunto da mensaxe ou á teleoperadora o número de encarga que se lle asignou e indicou no correo electrónico de confirmación da compra.


DEREITO DE DESISTIMENTO

O usuario disporá dun prazo de 7 (sete) días hábiles contados a partir da data de recepción do produto para a devolución do mesmo, en perfecto estado e incluíndo todos os elementos fornecidos. O dereito de desistimiento non poderá aplicarse ás aplicacións ou arquivos de software que se descarguen directamente a través do portal. Os gastos do envío do(s) produto(s) devoltos correrá a cargo da parte compradora. Unha vez recibida a devolución, procederase ao abono do importe dos produtos devoltos.


LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas condicións rexeranse ou interpretarán conforme á lexislación española naquilo que non estea expresamente establecido. O prestador e o usuario, á súa elección, acordan someter calquera controversia que puidese suscitarse da prestación dos produtos ou servizos obxecto destas condicións ou para a resolución dos conflitos, renunciando a calquera outra instancia, aos xulgados e tribunais do domicilio do usuario.

RESOLUCIÓN DE LITIXIOS EN LIÑA

Resolución de litixios en liña en materia de consumo conforme ao Art. 14.1 do Regulamento (UE) 524/2013. A Comisión Europea facilita unha plataforma de resolución de litixios en liña que está dispoñible no seguinte enlace: http://ec.europa.eu/consumers/odr

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...