Ao longo dos séculos XIX e XX os vínculos entre Galicia e Bos Aires foron intensos, dinámicos e de efectos prolongados, condicionando a evolución das sociedades dun e outro lado do Atlántico. Tanto no oitocentos coma no novecentos os galegos constituíron o principal grupo inmigratorio español na Arxentina desde un punto de vista rexional.
A partir de 1936 a comunidade do noroeste hispánico localizada no país austral incrementouse e revitalizouse coa chegada dos exiliados que fuxían das condicións represivas impostas polo franquismo. Aqueles emigrantes que partiron por motivacións principalmente económicas non só se inseriron activamente na vida comercial e industrial do ámbito suramericano, senón que tamén reconstituíron un amplo tecido étnico que favoreceu a conformación dun notable movemento asociativo con importantes derivacións actuais. Os que saíron impulsados polo avance e consolidación das forzas nacionais deixaron unha forte pegada política e cultural, que se manifestou en publicacións de distinto tipo, producións artísticas e un extenso labor institucional. No caso arxentino, tanto as inmigracións de Galicia coma o exilio da mesma orixe desenvolvéronse de maneira imbricada e complementaria, de aí que nesta obra se propuxese un tratamento conxunto de ambos os dous fenómenos históricos, a partir da combinación de enfoques macro e microsociais e da utilización dunha rica variedade de fontes.
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Olegario percorre neste...
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...