Olegario Sotelo Blanco publica un libro homenaxe a Florencio de Arboiro

   
 
Olegario Sotelo Blanco ofrécenos a súa visión persoal e íntima de Florencio de Arboiro, unha figura senlleira da nosa cultura na Ribeira Sacra. A través dun texto familiar e próximo, nacido dunha amizade que se remonta á infancia de ambos, o autor guíanos pola experiencia vital que conformou esa relación única. Este percorrido, ateigado de lugares, momentos e vivencias compartidas, converte o libro nunha merecida homenaxe en forma de memoria afectiva e intelectual.

Para configurar o mosaico dun home polifacético, Sotelo Blanco retoma algúns textos e entrevistas publicados e dun fondo fotográfico, presentándonos ás múltiples dimensións de Florencio: a persoa, o escultor
e artista, o formador, o coleccionista, o muiñeiro e o activista cultural.

A intención desta obra queda perfectamente ilustrada coas propias palabras do autor:
«Florencio foi unha desas persoas que se ten o privilexio de coñecer e desfrutar, desas que dan moito máis do que reciben e que sempre están cando se lles necesita. En Galicia coñecémolas como boas e xenerosas, e con iso nos abonda para entender. Unha vez máis, dou grazas por teres sido meu amigo.»
 

 

 

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica un libro homenaxe a Florencio de Arboiro

          Olegario Sotelo Blanco ofrécenos a súa visión persoal e íntima de Florencio de Arboiro, unha figura senlleira da nosa cultura na Ribeira Sacra. A través dun texto familiar e próximo, nacido dunha amizade que se remonta á infancia de ambos, o autor...

    Ler máis...

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...